Share on FacebookTweet about this on Twitter

Julia Gómez é…

 

Dra. Eva Muíños | Xefa de Cirurxía Abdominal

 

Seca, distante, considera a empatía un edulcorante innecesario que dificulta a transmisión de información entre médicos e pacientes. Eso di ela. Hai quen podería dicir que o que lle pasa a Doutora Muíños é que emprega ese distanciamento, esa sequedade pra non sentir. Cousa que evita a toda costa.

Esa ausencia de empatía a caracteriza tamén no seu trato cos seus compañeiros de hospital. Non quere que a queiran ou que a admiren. Quere que sexan eficaces. Máis concretamente, quere que fagan o que ela di. Así serán eficaces. Un argumento que, na maioría dos casos, é certo. Pero Muíños é tan arisca como talentosa na mesa do quirófano. Iso si, pra ela salvar vidas é o seu traballo e non lle supón ningún tipo de recompensa emocional. Ou iso di.

 

 

 

Unha serie producida por

Logo_vozaudiovisual_solonombre_blanco

 para

TVG-blanco

Voz Audiovisual © 2015